Isca! apoia a manifestación en Elgoibar

Desde a nosa organización fixemos chegar o seguinte comunicado mostrando o noso apoio e a nosa adhesión á manifestación que reclamará a liberdade de Arnaldo Otegi e de todos os condenados no chamado caso “Bateragune:

As mozas revolucionarias organizadas en Isca! mostramos, como xa fixo o noso partido, o Movemento Galego ao Socialismo, o noso apoio á manifestación que este sábado día 11 de outubro percorrerá as rúas de Elgoibar, vila natal de Arnaldo Otegi. Unimos a nosa voz a todas aquelas que reclaman a liberdade de todos os presos do chamado Bateragune que son, parafraseando o noso himno nacional, os “bos e xenerosos”.

Porque para a mocidade revolucionaria a práctica da solidariedade internacionalista debe ser unha tarefa prioritaria axudando a espallala a todos os recunchos do noso país rachando así coa política de criminalización ao pobo vasco e ao seu movemento de liberación nacional e social que loita sen descanso por unha patria independente, socialista, feminista e en paz.

Por todo o dito reclamamos a liberdade inmediata de Arnaldo, Rafa, Arkaitz, Miren e Sonia.

Unha forte aperta revolucionaria e internacionalista.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario