Isca! participou nos actos previos e no Aberri Eguna

IMG-20150403-WA0010Unha delegación da nosa organización participou a pasada semana no Aberri Eguna convidados pola organización xuvenil da esquerda abertzale Ernai. Iruñea acolleu a gran manifestación convocada pola rede Independentistak e supuxo para nós a última parada logo da Gazte Martxa, unha gran marcha xuvenil que partiu de Lekunberri e rematou cun gran acto político en Berriozar. A marcha congregou a unhas 2.000 mozas e participaron tamén organizacións doutros pobos, incardinadas na dinámica internacionalista “Somos o voso pior pesadelo” como Arran, Yesca ou Purna.

Contra a desesperanza e a resignación o independentismo vasco reclamou un futuro de liberdade para o seu pobo, sendo a independencia a única alternativa para Euskal Herria. Rachar co Estado Español e o Estado Francés e conquistar a soberanía como primeiro paso para mudalo todo. Desde Isca! mostramos a nosa solidariedade inquebrantábel coa loita do pobo vasco e coas de todos os pobos do mundo. Coa loita pola liberación social e pola liberación nacional para a construcción dun estado vasco socialista e feminista, no que a mocidade sexa libre e empoderada.

Hamaika herri, borroka bakarra!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario