Isca! participou nas mobilizacións do 1º de Maio

Isca participou por segundo ano consecutivo nas manifestacións do 1º Maio, aderindo as convocatorias da CIG en Vigo, Compostela e Ourense. O mal tempo non logrou impedir o suceso das mobilizacións do sindicato de clase nacional, que un ano máis logrou convocar o maior número de traballadores e traballadoras na xornada do “Día Internacional da clase traballadora”.

Isca! acudiu con faixas e material proprio ás mobilizacións, baixo o lema “Aquí e agora, Loita de clases” e vindicou “un novo modelo sustentábel baseado na xustiza social, protagonizado pola clase traballadora e os movementos populares, e amparado nun sistema democrático e participativo”. Tamén sinalamos a falta de soberanía da Galiza como causante da “asalarización, a destrución de sectores produtivos, a imposición do consumismo e os recortes de dereitos para a clase traballadora”.

Finalmente, de Isca denunciamos no Rebater do 1º de Maio a deriva populista de parte do nacionalismo, “que nega a realidade da loita de clases para reclamar unha adhesión nacional a empresas que funcionan nunha difusa “chave de país”, sen diferenciar os proxectos contraditorios entre clases sociais e os seus diferentes intereses”.

Entre as actividades do 1º de Maio podemos sinalar a confeción dun mural nunha céntrica rúa da cidade de Vigo, co lema “Socialismo é Xustiza, Independencia é liberdade”. Podes velo na galería de imaxes.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario