Publicamos a seguir un texto de finais de 2006, polo seu carácter ilustrativo do auténtico réxime racista vixente en Palestina, aínda que neste caso se refira principalmente á Cisxordania.
O ex presidente Jimmy Carter aturou ataques continuos por ousar utilizar o termo “apartheid” para describir as políticas de Israel na Cixordania. Aínda así, ninn un dos críticos de Carter ofreceu un argumento convincente para xustificar a vehemencia dos berros, e moito menos que refuten a súa queixa central, que Israel concede dereitos aos residentes xudeus que residen ilegalmente en terra palestina, mentres nega os mesmos dereitos aos palestinos. Non sorprende, posto que están tentando desafiar á realidade.
Israel mantén dúas redes de estradas separadas redes na Cisxordania: unha para o uso exclusivo dos colonos xudeus, e outra para palestinos. Isto non é apartheid?
Aos palestinos non se lles permite guiar os seus propios coches en grande parte da Cisxordania; o seu transporte público é frecuentemente interrompido ou bloqueado por unha rede de “chekpoints” do exército israelí — mais os colonos xudeus poden ir e vir libremente nos seus coches propios, mesmo sen parar nos controis que deteñen os palestinos. Isto non é apartheid?
Un sistema de toques de queda e peches strangulou a economía palestina na Cisxordania — mais ningunha destas medidas é aplicada alí aos colonos xudeus. Isto non é apartheid?
Sectores enteiros da Cisxordania, clasificados como “areas militares pechadas” polo exército israelí, están vedadas aos palestinos, incluidos os que posúen terra alí—mais os estranxeiros aos que se lles aplica a Lei de Retorno (isto é, calquera xudeu, de calquera lugar do mundo) poden acceder sen interferencias. Isto non é apartheid?
As persoas de orixe palestina prohíbeselles de forma rutinaria entrar ou residir na Cisxordania – mais os israelís e os xudeus non israelís poden ir e vir, e mesmo vivir no territorio palestino ocupado. Isto non é apartheid?
Israel mantén dous conxuntos de regras e controis no Banco de Oeste: un para xudeus, un para non-xudeus. A única cousa equivoca ao utilizar a palabra “apartheid” para describir tan noxento sistema é que a versión sudafricana da discriminación institucionalizada nunca foi tan elaborada como a súa homóloga israelí — nin ten un coro vocal de defensores entre os liberais norteamericanos.
Aínda así, o máis flagrante erro erro no libro de Carter é a súa insistencia en que o termo “apartheid” non se aplica a Israel, onde di que xudeus e cidadáns non xudeus reciben o mesmo tratamento baixo a lei. Aquilo sinxelamente non é certo.
A Lei israelí proporciona diferenzas en privilexios para xudeus e cidadáns non xudeus do estato — en asuntos de acceso para asentarse, adquisición de cidadanía e unificación familiar. A lei lei de nacionalidade emendada, por exemplo, impide que vivan xuntos en Israel os cidadáns palestinos do Estado que casen con palestinos dos territorios ocupados. Unha lei similar, aprobada no cumio do apartheid en Suráfrica, foi revocada polo tribunal supremo daquel país como violación dos dereitos dunha familia. O tribunal supremo de Israel respaldou esta lei xusto este ano.
Israel proclama en alto que é o estado dos xudeus, máis do que o estado dos seus cidadáns reais (dos casi unha quinta parte son árabes palestinos). De feito, ao rexistrar cidadáns, o Ministerio israelí do Interior asígnalles unha gama enteira de nacionalidades en vez de “israelí”. No rexistro oficial, na liña de nacionalidade para un cidadán xudeu de Israel lese “Xudeu”. Para un cidadán palestino, na mesma liña lese “árabe”. Cando esta evidente desigualdade foi denunciada ante o tribunal supremo de Israel, a xustiza respaldouna: “Non hai nación israelí separada dopobo xudeu”. Evidentemente isto deixa aos cidadáns non xudeus de Israel, no mellor dos casos, nunha situación un pouco ambigua. Pouco sorprende, logo, que unha maioría sólida de xudeus israelís consideración os seus concidadáns árabes como o que chaman “unha ameaza demográfica”, que moitos –incluido o primeiro ministro- gostarían de ver eliminada por completo. Isto non é apartheid?
Moitos dos numerosos particulares e institucións que tanto vociferan denunciando ao presidente Jimmy Carter non tolerían nin un só momento tan clara inxustiza nos Estados Unidos. Por que perdoan o racismo espido que practica Istael? Por que tantas crítica sobre o noso ex presidente por expresar o que lle dita a conciencia sobre tan verdadeiramente inconcebible sistema de de segregación étnica?
Quizais é porque eles son demasiado conscientes de que están a defender o indefendible; porque son todos demasiado conscientes de que que o emperador que seguen a cubrir realmente non ten ningunha roupa. Hai un límite máximo de tempo no que pode seguir cuberto. E a lección principal do libro de Carter é que finalmente chegamos a ese límite.
Extraído da página do autor.