Ladróns no poder, sindicalistas á cadea. Paremos a represión!

3 sindicalistas, dous deles da CIG, veñen de ser condenados a 3 anos e un día de prisión a raiz da súa actuación en defensa da clase traballadora nunha folga do comercio alimentación. O xuízo farsa que rematou nesta insólita condena pretende escarmentar o movemento obreiro e frear a mobilización popular contra os ataques do capital, polo que é fundamental respostarmos como clase saíndo a rúa a denunciar as dinámicas fascistas da xustiza española. Para iso, está convocada unha manifestación nacional que terá lugar na cidade de Pontevedra, ás 11:30h do martes 17 de xullo desde a Praza da Ferraría.

Máis información:

A Executiva Confederal da CIG manifesta a súa repulsa pola sentenza de cárcere contra dous sindicalistas da CIG e un de CCOO

A CIG convoca unha manifestación en Pontevedra para rexeitar a condena de prisión a dous compañeiros da federación de Servizos

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario