Lánzase a “Proposta Militante”, por un proxecto coherente, combativo e transformador para Galiza Nova.

 

A nosa organización fixo público nas últimas semanas un documento que amosaba a nosa propia análise do acontecido neste periodo interasemblear, marcando as eivas a correxir así como a nosa proposta de estratexia política e organizativa a seguir de aquí en diante para afortalar Galiza Nova.

Como analisamos no citado documento, a situación que a nosa organización viviu nestes dous anos así como as divisións que esta provocou, complicaban a posibilidade de artellar unha única lista.

Por isto, Isca! anunciou a súa intención de participar na XI Asemblea Nacional cun descurso propio, tal e como se veu facendo no proceso de presentación e debate de emendas nas comarcas, onde se defenderon as proposta de traballo ideolóxicas e organizativas para Galiza Nova.

É con este obxectivo que promovimos unha candidatura, “Proposta Militante”, conformada por militantes independentes e da nosa organización, que permitirá a existencia na Asemblea Nacional dun descurso crítico e combativo, baseado na defensa dunha organización operativa, plural, de esquerdas e cun forte discurso soberanista, así como unha alternativa real ás dinámicas organizativas e de traballo que se deron até o momento, isto é, os principios básicos que aparecen recollidos no decálogo apresentado no blogue da candidatura, que fará pública a lista completa de integrantes da mesma o vindeiro martes 20 de outubro.

Accede ao blogue da Proposta Militante

Descarga o díptico da iniciativa

 

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario