Liberdade para Arnaldo Otegi. Presas Vascas a casa!

Ahl9xOmROTsJ0sreIfA93ZHTZAWSNplksWVtqvpBw7k0Desde Isca! amosamos o noso apoio á manifestación pola liberdade de Arnaldo Otegi o vindeiro sábado 17 en Donostia, e que contará coa presenza de 3 das 5 presas do caso “Bateragune”. A continuación o texto da adhesión:

Vai xa cinco anos o movemento independentista vasco abriu un profundo debate sen precedentes que concluíu cunha aposta inequívoca polas vías exclusivamente pacíficas e democráticas, renunciando á violencia na súa reclamación do respecto á autodeterminación do País Vasco, e cunha disposición nítida a pechar totalmente, por medio da palabra e o diálogo, o longo conflito violento que asolou a rexión dende vai décadas.

En outubro de 2011, ETA respondía positivamente ao chamamento realizado dende a Conferencia Internacional de Aiete (San Sebastián) que lle demandaba o cese definitivo da súa actividade armada de máis de 50 anos e a apertura dun proceso de diálogo.

O Premio Nobel da Paz Desmond Tutu sinalou a Arnaldo Otegi, no seu día portavoz de Batasuna e hoxe secretario xeral de Sortu, coma “o líder deste proceso de paz”. Efectivamente, Otegi foi o dirixente máis destacado entre aqueles que propiciaron nas forzas independentistas o debate sobre a necesidade de apostar pola palabra para resolver todo conflito. A súa aposta por vías exclusivamente pacíficas e democráticas foi respondida co seu arresto, en outubro de 2009, e coa súa posterior condena a máis de seis anos e medio de prisión por pertencer á organización política Batasuna, ilegalizada previamente polo Goberno español.

Desgraciadamente, o fin da actividade armada de ETA, que mostrou a súa disposición a un proceso de desarme e de diálogo e reconciliación que teña en conta a dor de todas as vítimas, non trouxo consigo todavía resposta positiva algunha por parte do Estado español.

Arnaldo Otegi, cuxo caso foi recorrido perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, atópase nunha prisión española lonxe dos seus familiares e amigos. Así están tamén preto de 500 presas vascas relacionados con este conflito. Dispersadas en prisións afastadas ao País Vasco, frecuentemente incomunicadas, esta realidade provoca, ademais, un castigo añadido ás súas familiares, abocadas a percorrer longas distancias para poder visitalos.

Perante isto, pedimos a liberdade inmediata do home que soubo arriscar pola paz e a democracia, de quen apostou pola palabra cando parecía que ninguén o faría. A súa liberación e o fin da política de dispersión , como paso previo á excarceración temperá das presas vascas, son pasos necesarios para poder alcanzar unha paz xusta e duradeira en Euskal Herria.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario