[Lugo] Debate sobre feminismo e cuestión de clase

feminismoLugoAs militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Pensamos que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e submisas.

Desta volta organizamos unha xornada de debate feminista o vindeiro luns día 2 de Marzo a partir das 20:00 horas na Cova da Terra (Rúa das Nóreas, 12. Lugo) na que abordaremos o debate recurrente sobre a necesidade de entrelazar loita feminista e de clase, co obxecto de repensar a transversalidade do feminismo, o sentido táctico das alianzas e o horizonte estratéxico no que axir, tentando contribuir na medida do posible a un debate hoxe moi vivo e que confronta distintos xeitos de entender o feminismo. Sen pretender conclusións inmutabeis, queremos abrir un espazo para a reflexión de cara a como articular as nosas accións tácticas e a nosa loita estratéxica como feministas e revolucionarias.

O feminismo ensínanos permanentemente a necesidade de aprender unhas das outras, de escoitar para analisar, cuestionar e transformar aquilo que nos somete. Por iso, convidámosvos a compartir esta xornada de reflexión e debate, para continuar, máis fortes, a nosa loita feminista e antipatriarcal.

Podes descargar os textos do debate aquí.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario