[Lugo] Manter o facho aceso!

18nmanterofachoacesoEste ano fanse 98 do Manifesto de Lugo, momento histórico para o noso Pobo que sentou as bases do nacionalismo galego tal e como o coñecemos. Para conmemorar a efeméride, participaremos nunha ofrenda floral coa lectura de textos escritos polas asinantes ao Manifesto.

Queremos recordar que pese a non concordar plenamente coas nosas teses, os textos aprobados en 1918 continúan a ser actuais e os seus principais obxectivos inalcanzados. Desde Isca! queremos facer fincapé da necesidade do coñemento da nosa historia colectiva, para poder crear un futuro mellor; sendo moi importante a recuperación dos textos e memoria das valentes que prenderon o facho que hoxe mantemos aceso.

A ofrenda floral terá lugar o xoves 18 de novembro ás 20:00 horas no Hotel Méndez Núñez.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario