[Lugo] O lume que prendeu o facho

 

As militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construíndo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Desta volta organizamos un encontro formativo aberto baixo o título “O lume que prendeu o facho“, para seguir aprendendo e debatendo sobre as primeiras manifestacións socialistas e independentistas no nacionalismo galego. Acompañaranos para pór en común diversos coñecementos, vivencias e ópticas Carlos Bello Stout, Profesor de Xeografía e Historia.

Esta encontro terá lugar no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº1, baixo. Lugo) o xoves 29 de novembro ás 20:00 horas.

Agardámoste!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario