Magosto solidario o 15 de novembro na Coruña

Actualización: O magosto solidario de hoxe na Coruña finalmente dará comezo sobre as 20:30 (ao remate da concentración de Nunca Máis no Obelisco). Por problemas alleos á nosa vontade vémonos na obriga de cambiar a orde das actuacións musicais, tendo a Xurxo Souto primeiro ás 20:30 e logo a foliada. Todo acompañado de castañas e queimada de balde!

* * * * * * * *

Hai días dabamos conta do acontecido a tres militantes da nosa organización por realizar actividade política na cidade da Coruña, que se está a converter nun dos puntos quentes da resposta do poder contra os movementos sociais con multitude de activistas multadas ou mesmo enxuízadas por denunciar publicamente a situación de miseria na que vivimos, e que finalmente foron obxecto de varias sancións administrativas.

É por isto que desde Isca! da Coruña organizamos unha festa solidaria, unha festa de noso, un magosto. Defínese magosto como a reunión festiva de xente co fin de asar e comer castañas, unha tradición secular no noso País, acompañada desta volta dun marco solidario. Por iso queremos convidarvos a todas a que vos pasedes o vindeiro venres día 15 polo Bar Faluya (Rúa Orzán nº 75) para facer entre todas unha festa propiamente galega e popular.

A partir das 20 horas contaremos cunha pequena foliada e coas primeiras castañas asadas e, por volta das 22 horas, estará con nós Xurxo Souto (ghaiteiro!) que lle dará ritmo e ánimo á noite. Todo isto acompañado de boa música e prezos populares.

Anímate e ven celebrar o magosto con nós!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario