O 15 de febreiro tivo lugar unha nova mobilización nacional da Rede “Galiza Non se Vende”, que coordena ducias de loitas locais en defensa do territorio frente ás agresións do capital. Na manifestación, miles de persoas reivindicaron en plena campaña eleitoral un xiro radical na política da Xunta de Galiza, que faga fronte á voracidade capitalista en materias como a Planta de Gas, o concurso eólico, o Plano Acuícola ou moitos outros temas nos que a política da administración autonómica supuxo un evidente continuísmo coa época anterior.
Como na anterior mobilización, o BNG foi a forza política máis criticada na mobilización, ao ser a fronte patriótica a que mais decepción causou en boa parte da súa base e nos movemento sociais que sempre se situaron no seu entorno. Lembremos que o propio nacionalismo medrou non hai tanto tempo ao calor de loitas sociais como as que hoxe protagoniza Galiza Non se Vende, e resulta incomprensíbel que a dirección do nacionalismo -non así a súa base social- se situe á marxe -cando non de costas- aos movementos reivindicativos que sempre foron o seu soporte.
Isca! participou na mobilización con unha faixa co lema “Galiza non se Rende. Combater o capitalismo, defender a Terra!” tentando transmitir a necesidade de manter a resistencia e de ligar a coordenación das loitas locais co combate ao actual sistema socio-económico baseado na procura de lucro a costa dos traballadores/as e dos nosos recursos naturais.
Podes ler a crónica e o manifesto lido ao remate da manifestación na web de Galiza Non se Vende