No marco da súa campaña contra a represión, a CIG convoca unha manifestación nacional en Pontevedra, que sairá o próximo sábado 15 de decembro ás 11:30h da praza da Ferraría. O obxectivo é a escalada represiva contra o movemento popular en xeral e o sindical en particular, que se ten sustanciado xa en diversas multas, condenas, agresións policiais e mesmo torturas, simplemente por defender os dereitos da clase traballadora. Ademais, a iso súmanse reformas como a do código penal co fin de criminalizar ainda mais a mobilización, ou a das taxas xudicias, dificultando cada vez máis o recurso á xutiza para os sectores populares, que estarán ainda máis indefensos legalmente.
Manifestación nacional en Pontevedra contra a represión
- Actualidade política
Partíllao!
Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email