Mapa de loitas: o lindano

🚩 Como cada segunda feira, un novo exemplo do noso mapa de loitas!

💉 Agora que O Porriño é o tema do momento por albergar a empresa que fabricará a vacina contra a COVID-19, temos que lembrar que unha empresa do mesmo grupo Zendal, a antiga Zeltia, protagonizou este episodio:

☠️O lindano foi un pesticida moi utilizado antes da prohibición da súa fabricación na Unión Europea (2008) e da súa catalogación como canceríxeno para as persoas e danino para a natureza pola OMS (2015).

➡️Os seus residuos empregáronse en obras por toda a comarca da Louriña.

➡️ Boa parte do barrio de vivendas sociais da parroquia de Torneiros (O Porriño) foi erguido sobre o terreo onde os residuos foron soterrados anos atrás.

➡️ En numerosas excavacións por toda a comarca e contorna apareceu o po branco tóxico.

✊ Para agrupar, concienciar e denunciar este atentado contra a saúde das veciñas, creouse a Plataforma Antilindano da Louriña.

📰 E, para coñecer máis, recomendamos esta reportaxe do Novas da Galiza: http://novas.gal/lindano-o-veneno-soterrado/

As neglixencias da empresa química-farmacéutica e dos responsábeis políticos deixaron unha comarca contaminada e unha poboación doente, e isto ten que servirnos para esixir reparación e mobilizarnos polos dereitos colectivos! 💪

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario