Desde Isca! acreditamos nunha militancia organizada e formada que poida dar o combate contra un sistema que nos quere precarias.
Para iso, o pasado 21 de outubro, organizamos unha palestra aberta no CSOA Escárnio e Maldizer onde calquera persoa con inquedanzas puido entrar na teoría marxista e na cuestión nacional que nós defendemos.
Gravamos as intervencións das nosas compañeiras Manuela e Daniel e hoxe publicámolas na nosa canle de Youtube para que todas as persoas que non puideron asistir, teñan a oportunidade de se achegar ao acto:
Alén do vídeo, para a súa lectura colectiva, deixamos os documentos que preparamos para asisitrmos todas coa mesma base teórica á palestra.
Difunde!