Masivas mobilizacións na folga xeral do 27 de xaneiro!

 faixavigo.jpg

Por segunda vez en poucos meses a clase traballadora galega mobilizouse en resposta aos ataques que está a sufrir por parte do goberno e do capital demostrando que, unha vez máis e como aconteceu na pasada folga xeral do 29 de setembro, malia a campaña de desprestixio, silenciamento e manipulación informativa levada a cabo pola maior parte dos medios de comunicación demostrando estar ao servizo das clases dominantes deste país, a cidadanía galega respostou positivamente ao chamamento á folga xeral feito pola CIG saíndo masivamente á rúa.

E a pesar da censura, do acoso policial a piquetes e manifestantes que deixaron detidos, identificados e contusionados, do boicot que UGT e CCOO fixeron a esta convocatoria tildándoa de inútil, contraria aos intereses da clase traballadora ou seguidista… a folga xeral do pasado 27 de xaneiro foi, sen lugar a dúbidas, un éxito rotundo en Galiza. A CIG estima que arredor dunhas 80.000 persoas manifestáronse nas diferentes vilas e cidades do País nunha xornada histórica para o sindicalismo nacionalista e de clase que, unha vez máis, marcou a diferencia co sindicalismo pactista español que, esa mesma noite do día 27, acordaban co goberno atrasar a idade de xubilación até os 67 anos, malia ter pasado meses repetindo que por aí non pasarían supoñendo isto unha auténtica traizón á clase traballadora e unha sumisión de facto aos intereses da patronal e da banca.

Desde Isca! adicamos todas as nosas forzas para colaborar no éxito desta convocatoria levando a cabo unha intensa campaña de publicitación e propaganda en diferentes vilas e cidades; nas rúas, zonas industriais ou centros de ensino de todo o País , así como participando durante a propia xornada de folga nos piquetes e nas mobilizacións. O noso obxectivo durante esta campaña foi informar desta importante cita para o nacionalismo e difundir a idea de que este sistema non funciona, que é preciso organizarse para lle plantar cara ao capitalismo, para resistir aos ataques do goberno e da patronal e para demandar un cambio sistémico máis preciso que nunca. Porque transformar a nosa realidade é posíbel como o levan facendo outros pobos do mundo. Porque temos que demostrar o noso orgullo como pobo e como clase. Porque toca resistir e construír un modelo máis xusto, solidario, igualitario e democrático: o socialismo!

dscf3328redimensionado.JPG

 faixalugo.jpg

 ou.jpg

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario