Mobilizacións pola República Galega

Após a fuxida do Rei español e a sucesión do seu fillo, motivada polo descrédito do réxime, preséntasenos unha ocasión fundamental para amosarnos a forza do noso pobo e a vixencia dun proxecto político desde coordenadas nitidamente soberanistas que reivindique unha República, unha república de noso, construída por medio dun proceso constituínte onde sexa o pobo galego o suxeito da soberanía. Unha ruptura democrática que ten necesariamente que levar aparellada a superación do marco político e xurídico actual, inviable para o desenvolvemento do noso pobo, e que camiñe desde posicións nitidamente anticapitalistas.

É por isto que convidamos á mocidade a participar nas manifestacións que hoxe pola tarde se teñen convocado en múltiples cidades do País para amosar que non queremos ser máis súbditos. Que queremos soberanía e dereito a decidir!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario