Mobilízate o 1º de Maio. Loitar polo noso futuro!

cartazrua1maioDesde Isca chamamos á mobilización o vindeiro 1 de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, contra a pobreza e o desemprego. Será o punto final á campaña nacional que vimos desenvolvendo durante o mes de abril baixo a palabra de orde “rachar co pacto social, loitar polo noso futuro” co obxectivo de denunciar a situación de emigración, precariedade, desemprego e miseria da mocidade galega e a necesidade da organización e loitar para ter un futuro digno e na terra.

Durante a semana levaremos a cabo varios actos formativos en distintas localidade do país. En Compostela terá lugar hoxe ás 20:30 na Libraría Lila de Lilith; en Vigo (20:30 horas) e na Coruña (20:00 horas) terán lugar mañá día 29, ambos no local do BNG das súas respectivas localidades; en Bueu terá lugar o xoves 30 na Asociación para o debate Ricardo Gómez Buceta.

Horas e lugares de saída das manifestacións

  • A Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo.
  • Compostela: ás 12:00 horas desde a Praza Roxa.
  • Ribeira: ás 12:00 horas desde a Praza do Peixe.
  • Ferrol: ás 12:00 horas desde o local da CIG.
  • Lugo: ás 12:00 horas desde o edificio sindical na Ronda da Muralla.
  • Viveiro: ás 12:00 horas con saída na estación do FEVE.
  • Ourense: ás 12:30 horas do Pavillón dos Remedios.
  • Pontevedra: ás 11:30 horas desde a Ferrería.
  • Vilagarcía: ás 12:00 horas desde a Casa do Mar.
  • A Estrada: ás 12:00 horas desde a Praza do Mercado.
  • Vigo: ás 11:30 horas desde a Doblada.
  • Cangas: ás 18:00 horas desde o Concello.

.

>> [Campaña nacional] Rachar co pacto social, loitar polo noso futuro

>> [Campaña nacional] Sabías que…

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario