Necesidade e sentido da militancia revolucionaria

Autor: Isca!

Sobre o autor:

Isca! é unha organización xuvenil galega que traballa polo horizonte estratéxico da construcción dunha República Socialista Galega desde posicións feministas e revolucionarias.

Máis información:

O obxectivo destas liñas é darmos a coñecer o que é Isca, as súas definicións ideolóxicas e os obxectivos políticos polos que loita no seo do movemento nacional popular.

Isca é unha organización política xuvenil independentista e anticapitalista, que traballa por organizar mozas e mozos en chave revolucionaria co fin de conquistar a liberación nacional de Galiza e construír o socialismo, unha sociedade en que non exista ningún tipo de explotación nin opresión, e na que o pobo sexa realmente dono do seu destino.

Consideramos que a mocidade galega, ademais da problemática específica que como mocidade ten, pertence a unha nación oprimida e ocupada (Galiza) e somos así mesmo parte dos sectores populares que, encabezados pola clase obreira galega, están chamados a cambiar a actual sociedade até suprimir toda opresión. O fundamental, pois, deste documento é dar pé a que xurdan as preguntas e debate para clarificar conceptos e chegar a comprender o que en realidade é Isca! e que implica militar na organización.

Descarga e difunde!