Nenos de Gaza pagan os custos psicolóxicos do conflito: “Quero que remate a guerra”

Os nenos e nenas de Gaza dispoñen de tres horas por día nas que, en teoría polo menos, poden saír sen perigo das súas vivendas. Pese a que os ceses do fogo “humanitarios” son soamente provisionais, ofrecen certo respiro a quen debe obter alimentos e auga ou recuperar as súas posesións dos fogares que perderon ou deberon abandonar.

En Sheikh Radwan, os nenos escalan os escombros en busca de obxectos familiares, mentres tratan de comprender o que lle sucedeu á súa comunidade nas últimas dúas semanas.

“Esta era a casa do avó”, dixo Ehab, de 12 anos de idade. “Cando escoitei o bombardeo saín correndo. Vin cando os proxectís alcanzaban a casa e cando se romperon as fiestras e as portas. Non queda nada, isto xa non é unha casa”.

A intensificación do conflito

Trátase dunha historia que se repite ao longo e o ancho de Gaza, onde o conflito se agrava a medida que avanzan as incursións por terra. Segundo o Ministerio de Saúde, xa morreron 854 palestinos e máis de 3.680 resultaron feridos debido ao conflito armado.

UNICEF calcula que no territorio hai máis de 400.000 persoas que carecen de auga corrente. A Organización Mundial da Saúde advertiu que o sistema de saúde pública está a piques de colapsar.

“Non temos nen electricidade nen gas. Ve que todos os cables eléctricos están caídos?”, sinalou unha muller ao describir a destrución do seu fogar. “Non hai auga… ¿Que comeremos? Non hai trigo, non hai pan, non hai nada”.

Hai que crear espazos seguros

Para os nenos, os perigos cotiáns resultan moito máis aterradores debido a que non hai xeito de evitalos nin de fuxir deles. Non hai refuxios antiaéreos e as fronteiras están fechadas. Os traballadores de UNICEF informan que moitos nenos sufriron traumas tan graves que non poden falar.

“Nestes momentos non hai ningún sitio seguro para os nenos, nenas e familias de Gaza”, afirmou Patricia McPhillips, Representante de UNICEF no Territorio Palestino Ocupado. “É necesario que se poña fin ás hostilidades para que poidamos fornecer auga, medicamentos e outras formas de axuda que os nenos necesitan con urxencia. E mentres esperamos que rematen os combates, debemos crear espazos seguros en Gaza para que poidamos distribuír os suministros que acopiamos de xeito preventiva na rexión”.

Malia todo o que viron nas últimas dúas semanas, os nenos e nenas de casa manteñen a esperanza dun futuro mellor.

“Quero vivir como os demais nenos do mundo”, comentou un mozo chamado Mahmoud. “Gustaríame que terminase a guerra e que puidésemos volver á escola”.

 Fonte: UNICEF

Vía palestinalibre.org 

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario