Nin LOMCE nin Boloña! Pola defensa do ensino público e da liberdade!

 

A continuación deixamos o texto do Rebater nº69 repartido hoxe nas manifestacións estudantís de todo o país:

Desde Isca! queremos amosar o noso apoio ao estudantado galego que hoxe sae á rúa. Facémolo porque, para comezar, moitas de nós somos estudantes. Outras somos traballadoras e cada vez somos máis as que temos de estudar e traballar para poder sobrevivir neste sistema que só protexe aos que teñen máis.

Queremos seguir denunciando a LOMCE e o Plan Boloña 2.0 coa implantación do sistema 3+2. A súa posta en marcha empeorou drasticamente o ensino público e atacou os dereitos do estudantado, polo que non podemos deixar de loitar ata velas derrogadas.

A LOMCE é unha lei creada para adoutrinar o estudantado no españolismo patriarcal que impón a súa lei a golpe de porra. Boloña fai que as estudantes só teñan tempo para ir a aulas, facer traballos e prácticas gratuítas na empresa privada, un sistema establecido para rematar coa rebeldía natural da mocidade. Non esquecemos as novas FP, que co mesmo espírito fan que as nosas mozas traballen de balde durante a súa formación, vendéndose isto como algo positivo polos medios de comunicación.

A mocidade, as estudantes, as traballadoras e as pensionistas somos todas Clase Obreira Galega e como tal debemos actuar defendéndonos deste Sistema que nos quere destruír. Por isto queremos animar a todas a encher as rúas o vindeiro 1 de Maio nos actos convocados polo sindicalismo de clase organizado na CIG.

Por último, non podemos esquecer as que máis están a sufrir a represión do Estado Español. Falamos das presas independentistas, das multadas inxustamente por exercer a liberdade de expresión e moi especialmente das acusadas falsamente de terrorismo.

Aurrera Altsasu! Nin LOMCE nin Boloña!

Obreiras e estudantes, ferreiras dun Mundo Mellor!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario