[Noia] Como afectará o TTIP aos pobos e ás persoas

ttipNoiaO TTIP é o acordo soñado polos grupos empresariais máis grandes das dúas beiras do océano atlántico. O obxectivo que quere conseguir é a eliminación das normativas que afectan ás relacións entre empresas transnacionais que operan tanto nos EEUU como na Unión Europea disfrazando tal fin como un fortalecemento comercial. Os primeiros contactos entre a Comisión Europea e o goberno estadounidense, non confirmados até moito tempo despois, datan do ano 2011 e a partir dos cales se emprenderon unha serie de reunións cos representantes das redes empresariais máis potentes.

O TTIP non é só un acordo comercial tradicional centrado na redución duns aranceis sobre as importacións duns socios comerciais que xa son moi baixos e que apenas poderían reducirse máis. O principal obxectivo é eliminar aquelas normativas, aquelas regulamentacións que podan supor unha «traba» para os beneficios das empresas transnacionais. Isto implica, en esencia, a práctica eliminación de multitude de normativas en segredo para evitar no posíbel o debate e a resposta popular.

O acordo é un ataque de grande envergadura contra os dereitos sociais, laborais, ambientais e civís, xa de por si insuficientes na Unión Europea. Busca tamén crear novos mercados abrindo o sector dos servizos públicos ás corporacións transnacionais, o que ameaza con privatizacións masivas na sanidade ou na educación. Mais unha das medidas máis preocupantes do TTIP é que pretende conceder a investidores estranxeiros o dereito a demandar os estados soberanos ante tribunais de arbitraxe privados, creados a tal efecto sen ningún tipo de garantías nin control, para reclamar perdas resultantes de decisións sobre política pública. Eleva o capital transnacional a un status equiparábel ao dun estado, con todo o que iso supón.

De toda esta problemática falarase o vindeiro venres día 10 a partir das 19:00 horas no Centro Social Harar (Corredoira Luis Cadarso, nº53) en Noia nunha palestra que leva por título o que esconde o TTIP e como afectará ás persoas e aos pobos. Intervirán Diego Santório do Movemento Galego ao Socialismo e Miguel González de Isca!

Non faltes!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario