Noite da Irmandade en Ourense

 

noite_irmandade.png

 O vindeiro 12 de decembro Galiza Nova Ourense organiza a Noite da Irmandade, actividade que ten realizado en varias ocasións e que quere recuperar este ano con anovadas forzas programando actividades ao longo de todo o día.

Na mañá do Sábado, a partir das 12:·0hrs, terá lugar un roteiro/pasarrúas pola Rúa do Paseo (comezando no Parque San Lázaro) amenizado pola música dos Trópico de Grelos no que percorreremos as rúas do casco vello até a Praza do Correxidor repartindo volantinas e convites para as actividades da tarde.

O roteiro/pasarrúas rematará cun acto de apresentación, as 13:15hrs, no que intervirán a Secretaria Xeral de Galiza Nova (Iria Aboi), a Responsábel Comarcal do BNG (Montse Nóvoa) e o Responsábel Local de Galiza Nova (Alexandre Hermida)

Contaremos neste acto coa presencia das compañeiros e compañeiras representantes das JERC (Països Cataláns) e Iratzarri (Euskalherria) que participarán na Mesa Redonda das 19:00hrs no Café Cultural Ouriense (Praza do Correxidor) titulada “Organizando a mocidade, loitando pola patria” na que debatiremos con eles a situación da mocidade nas nosas nacións e o traballo das respectivas organizacións xuvenís.

E xa pola noite tamén na Praza do Correxidor a partir das 23:00hrs terán lugar os concertos coa presencia de Raiba, Leite de Nai e o Leo i arremecaghona que fecharán esta xornada de Irmandade.

Galiza Nova Ourense quere convidar a todas e todos os mozos do país a compartir esta xornada de festa, debate e reivindicación.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario