Non á A-76 na Ribeira Sacra

Na Ribeira Sacra, zona de alto valor paisaxístico que está á espera de obter a declaración de patrimonio natural da humanidade da UNESCO, vaise leva a cabo, se non o impedimos, un novo ataque brutal o noso patrimonio natural co proxecto da construción dun dos tramos da autoestrada Ponferrada – Ourense, duns 125 km e cuxo orzamento estimado supera os 1200 millóns de euros.

O goberno español de xeito unilateral, atendendo só a intereses económicos e especulativos e contra a vontade xeral de veciñas das vilas e aldeas afectadas así como contra os estudos de diversos colectivos e organizacións ecoloxistas, escúdase nun estudo propio de impacto ambiental favorábel que non ten en conta a agresión que a infraestrutura supón a unha zona de alto valor natural.

Desde Isca! apoiamos as reivindicacións dos colectivos veciñais que están a denunciar esta barbarie, nomeadamente a plataforma “Non A-76 na Ribeira Sacra” e denunciamos, como veu facendo o nacionalismo desde sempre, a planificación das infraestruturas de xeito lesivo e contrario aos nosos intereses como Pobo, perxudicando a nosa economía e medio natural.

Defendamos a terra contra as navalladas!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario