Non á represión en Pasarón!

índiceNo día de onte, numerosos seguidores do Pontevedra, foron reprimidos no campo de Pasarón nunha penosa actuación coordinada entre a policía española e o Pontevedra C.F.

Coa escusa da labazada a Mariano Rajoy a pasada cuarta-feira, a mocidade do Pontevedra C.F. non só tivo que sufrir cacheos e ameazas senón que lles foron requisadas estreleiras na porta de entrada. Resaltar que durante os 90 minutos, este grupo de mozos e mozas tivo enriba seguridade privada e policía nacional, tratados coma delincuentes.

O secuestro de bandeiras galegas é unha constante nas equipas galegas, habitualmente executado contra seareiras que non se dobregan ás directivas. Queremos denunciar a actitude represiva do clube e das forzas policiais contra persoas cuxo único delito é ser galega e do Pontevedra C.F. Animamos a toda a mocidade rebelde e insubmisa a non ceder perante as presións de quen nos quer ver fóra das rúas e dos campos.

Mocidade Granate – Isca!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario