Non ás obras da Praza de Galiza en Compostela

O goberno do PP de Compostela tenta compensar con un novo despilfarro a evidente situación de parálise e desgoberno. A realización dunhas obras na praza de Galiza, na que se crearán un parque de recreo infantil e un estanque, non é mais que unha nova cortina de fume para ocultar o actual estado de desgoberno que está a sufrir a cidade. O parón da actividade no concello foi evidente tras os escandalosos casos de corrupción destapados polo caso Pokemon no 2013, no que aínda segue imputado case todo o órgano de goberno da cidade, incluíndo o alcalde Ángel Currás. Por este motivo pódense apreciar na cidade grandes carencias como, por exemplo, o estado do asfalto nas estradas, que están numha situación deplorabel, o ausencia de apoio ao pequeno comercio, ou a precaria creación de bolsas de emprego para a mocidade, entre moitas outras cousas.

Para ocultar este feito o goberno municipal decide levar a cabo unhas obras pensadas de forma prepitada nas que se tirarán ao lixo os cartos municipais na creación deste parque nunha das zonas mais visíbeis da cidade. Un parque situado numha praza que precisa dumha fonda reforma, xa que hai graves problemas de tránsito, tanto de vehiculos coma de persoas, estas teñen que invadir a estrada constantemente, as paradas de autobús urbano están masificadas e mal ubicadas.

Por se isto non fose suficiente, a localización para o parque infantil é totalmente inadecuada pois está rodeada por un intenso e perigoso tránsito. Debido á morea de vehiculos que rodean a praza, hai unha gran polución ambiental e contaminación acústica que afectará ás usuarias do parque. Ademais produce un impacto negativo na paisaxe, con unha chea de estruturas que ocupan case a totalidade da praza, unhas reixas que aínda afean mais o lugar e a eliminación de boa parte da vexetación. Por outro lado, a escasos metros está situada a Alameda, onde as crianzas poden xogar sem nengún destes problemas, polo cal a realización desta obra e simplemente innecesaria.

Por todas estas razóns, dende Isca! quixemos denunciar a realización destas obras e denunciamos, que isto é só unha manobra de distracción ideada polo PP desde o concello pretendendo ocultar o desgoberno real existente na cidade, debido a que as persoas que deberia estar gobernando está mais preocupadas por resolver a súa situación penal.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario