Construindo alternativas feministas (ver tamén 8 de marzo, 100 anos combatendo o patriarcado) pretende ser unha escolma de textos, máis e menos académicos, que sitúen en cada número un debate e contrubuir á divulgación dos diferentes discursos feministas como paso imprescindíbel para abrir espazos de debate a través dos que cuestionar e elaborar o propio discurso.
Debater, reflexionar, analizar e cuestionar son ferramentas esenciais do movemento feminista, o cuestionamento dos roles sociais e a normatividade sexual sitúa no centro do debate o discurso heterosexual. A través deste caderno ollamos cara aos discursos da disidencia sexual que cuestionan o binomio home-muller, homo-hetero e apresentan un novo discurso político de resistencia fronto ao patriarcado.
Le e difunde!