Nova marcha contra Ence o 13 de Xuño

celulosa09.jpg

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) convocou unha nova mobilización contra ENCE para o vindeiro 13 de xuño, con saídas das alamedas de Marín e Pontevedra.

De Isca! apoiamos esta nova marcha, que quer sumar forzas para dapexarnos dunha das industrias máis contaminantes do país, imposta polo franquismo, e que leva décadas a intoxicar a ría con práctica impunidade, agás unha insuficiente mais significativa condena por delito ambiental continuado. Desafortunadamente, temos que laiarnos de que o goberno bipartito incumprira a súa promesa –mesmo fixada nos acordos de goberno- sobre a retirada do complexo de Lourizán, e a decisión de outorgarlle a autorización ambiental integrada. É previsíbel que o novo executivo, ao servizo da patronal a tempo completo, volva transixir ante as imposicións da empresa, e mesmo plantexará, dun ou doutro xeito, a súa continuidade despois de 2018, data de caducidade da “concesión”.

A manifestación é unha boa ocasión para desmentir desde a rúa aos labioteiros defensores da polución ( a patronal, os seus partidos e os seus sindicatos de referencia) que co seu falar sen cancelas defenden os intereses do capital de ENCE en nome dos postos de traballo, sen referir que destrúe máis dos que crea, menos de 300, e obviando as consecuencias de longo alcance (eucaliptización, efectos nocivos, desbaratamento de auga) desta industria de enclave tan característica do colonialismo e a dependencia nacional.

Ningunha razón xustifica alongar os privilexios duns poucos e a decadencia da calidade de vida e a natureza, o que non impide apostar pola reciclaxe de papel e reclamar unha recolocación digna dos traballadores e traballadoras (e non unha alternativa, como xa se ten barallado, que se limite a mudar un emprazamento por outro para aumentar a produción de papel e que os donos do grupo aumenten a súa marxe de beneficios). Do mesmo xeito, queremos denunciar a contaminación que provoca a outra pasteira do mesmo grupo situada no noso país, na comarca oriental do Eo-Navia.

Polo seu interese, ligamos o extenso informe elaborado por Ramón Varela Díaz sobre a pasteira.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario