O 22 de xullo a mocidade celebra en Ourense o Día da Patria a pé de rúa

Como vén sendo habitual nos últimos anos, diversas organizacións políticas e sociais xuvenís da cidade de Ourense convocan un acto para celebraren o Día da Patria e reivindicar o rexeitamento do marco xurídico-constitucional vixente e o desexo de dotar a Galiza de plena soberanía.

A mobilización consistirá nun pasarrúas con saída ás 20:30 horas do luns 22 de xullo desde a Subdelegación do goberno (Parque de San Lázaro) sob o lema “Independencia” que encabezará a comitiva. Así mesmo, anímase aos participantes a levaren instrumentos e bandeiras da patria para acompañar o percorrido, que irá polas rúas da zona vella até rematar nos Xardíns do Pai Feixoo. Neste lugar terá o acto político de peche, no que se dará lectura ao manifesto conxunto que presentaron o pasado 2 de xullo as organizacións convocantes da manifestación xuvenil independentista unitaria prevista para o vindeiro 24 de xullo ás 20:00 desde a Alameda de Santiago de Compostela.

Desde Isca! saudamos ambas as dúas convocatorias e parabenizamos á mocidade organizada deste país dentro das coordenadas do independentismo e da esquerda transformadora, que é quen de tender pontes para favorecer a creación de espazos de loita e acción unitaria que afortalan o obxectivo estratéxico de erguer unha alternativa contraposta ao Estado español e o sistema capitalista.

Así mesmo, desde Isca! reiteramos a nosa condea á vaga de multas que se sucederon o ano pasado despois de celebrarse o acto na cidade ourensá e que foron desproporcionadas na súa contía e totalmente inxustificadas na súa imposición. Un ano despois, malia os intentos de criminalización do independentismo, a mocidade rebelde non se bota atrás no seu deber de reivindicar na rúa os dereitos nos que cremos e o futuro que queremos para a nosa terra. Nin un paso atrás até conquistar a vitoria! Independencia!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario