Santiago de Compostela, 2 Decembro 09. O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá unha nova cimeira dos tres líderes políticos para analisar a situación das caixas.
Nunha comparecencia conxunta, após hora e media de reunión, o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, anunciou o “apoio” do BNG á proposta de fusión das caixas galegas feita pública minutos antes polo propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
“Ten que ser unha fusión entre iguais. Non é un fin en si mesmo, é un medio para apoiar a economía produtiva do País”O líder nacionalista defendeu que, en todo caso, “a decisión final” que se adopte sexa “política”. “Apoiaremos a folla de rota anunciada polo presidente e digo isto desde a perspectiva de que a decisión final que se tome ten que ser política”, afirmou o portavoz nacional.
“Se hai acordo entre as forzas políticas galegas, se damos construído unha Posición de País, a solución irá por onde ten que ir, por onde pactamos no Parlamento Galego: centro de decisión das caixas na Galiza e unha nova lei de caixas”, resumiu.
O portavoz nacional e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, segundos despois de concluír a cimeira
“A decisión final que se adopte debe ser política e representativa da vontade da grande maioría da sociedade galega”Demandou explicitamente ao presidente da Xunta que “utilice as súas competencias, o dereito de veto” para garantir que “a solución sexa plenamente galega”, isto é, que non se vaia nen a unha fusión nen a unha SIP con entidades foráneas.
“A FUSIÓN NON TEN QUE SER ENTENDIDA COMO ABSORCIÓN”
Guillerme Vázquez, durante a súa comparecencia perante os meios
“Apoiamos a opción da fusión. A fusión non ten que ser entendida como absorción. Ten que ser unha fusión entre iguais”, dixo e engadiu que “a fusión é só un primeiro paso, un medio, non un fin en si mesmo, o fin ten que ser necesariamente que a entidade resultante sirva para financiar a economía produtiva de Galiza”.
Neste sentido, fixo votos porque a proposición de lei de caixas do BNG, actualmente en tramitación no Parlamento Galego, dea pé a “un acordo de País” entre os tres grupos parlamentares. “Agardamos un debate fructífero que permita alumear unha lei que garanta que o aforro dos galegos se invista en Galiza e non noutros territorios”, alegou.
Guillerme Vázquez puxo deberes ao presidente da Xunta sobre as caixas
O portavoz nacional salientou que o BNG sempre defendeu, “ao longo dun proceso que dura xa meses”, que se procurase unha solución en chave galega para o sistema financeiro do País.
“OS EXECUTIVOS TEÑEN QUE DICIR, PERO NON QUE DECIDIR”
“Esta reunión dos líderes políticos é continuación dunha anterior celebrada a semana pasada en que acordamos dar cumprimento á moción aprobada polo Parlamento Galego e acelerar a tramitación da nova lei de caixas”, salientou.
Puxo en destaque, por último, que “que a semana pasada, tamén acordamos considerar que os directivos das caixas teñen que dicir, pero non que decidir”.