O capitalismo é a ruina do pobo traballador. Que marchen!

imaxeCongresoO día 6 de Outubro celebrarase na Coruña o Congreso da “Confederación Española de Directivos y Ejecutivos”. No evento reuniranse representantes da oligarquía mundial como Carlos Slim, César Alierta ou Pablo Isla, así como as máximas expresións institucionais do réxime entre os que destacan o rei Felipe VI e Mariano Rajoy. Todo isto, coa presenza tamén do propio alcalde do Concello.

Desde Isca! rexeitamos este Congreso, o xuntar na nosa Terra aos culpábeis da actual situación que atravesa a mocidade galega: directivos das grandes empresan que explotan á xuventude condenándoa a emigración ou a precariedade, negándonos un futuro digno; o xefe do goberno que aplicou nos últimos anos os retallos máis drásticos en dereitos laborais desde a ditadura franquista.

Cunha taxa de desemprego no país do 21,8% e cunha destrución de emprego que duplica a do Estado Español, o panorama para a mocidade galega é desolador, máis se temos en conta que os datos de desemprego xuvenil ascenden a máis do 50% na Galiza. Fronte o discurso de recuperación económica e prosperidade que nos vende a patronal e os executivos central e autonómico, atopámonos ante os peores datos das últimas décadas, que non paran de empeorar ano tras ano.

Por todo isto somos conscientes que o discurso que nos levan repetindo dende o comezo da crise os sindicatos españois de pacto e paz social co goberno e patronal só leva ao noso pobo a ruína, e ollamos con preocupación que os supostos movementos cidadáns chamados a gobernar para o 99% acollan a ese 1% culpábel da miseria na que vive a clase traballadora.

En definitiva, acreditando na loita de clases como motor de cambio ao longo da historia, e sabemos que nada bo podemos agardar dos grandes capitalistas que ano tras ano multiplican os seus beneficios a custa de condenar a clase traballadora a precariedade e a explotación. Se queremos mudar o panorama actual para a mocidade só nos queda loitar polo noso futuro contra este sistema, avanzado nun novo modelo económico e social cunha lóxica anticapitalista que redistribúa a riqueza garantindo unha vida digna a toda a poboación.

.

Actos de protesta:

> Concentración “Galiza a favor do pobo soberanía, democracia, traballo” ás 12:00 horas no Palexco. Convoca o BNG da Coruña. [+ info]

> Congreso anticapitalista. Acción simbólica a partir das 18:30 horas no Obelisco coa presenza de persoas afectadas polas medidas antipopulares levadas adiante pola oligarquía. [+ info]

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario