O feminismo a través da historia

libretofem_web.png
A Asemblea Aberta de Feminismo de Galiza Nova Ourense, un espazo de reflexión, debate e acción feminista na que participan mozas e mozos da organización xuvenil do BNG ven de editar un caderno de formación que fai un percorrido pola historia do movemento feminista, as súas loitas, correntes, avances e difuldades así como un esbozo do movemento feminista na Galiza e un achegamento as novas teorías de xénero que cuestionan o modelo patriarcal pero tamén o modelo do feminismo clásico.

Esta iniciativa da Asemblea Aberta de Feminismo parte do ánimo de abrir espazos de debate e canles de formación interna e externa entre a mocidade para enriquecer a acción feminista apostando por novos modelos de participación no que tanto mozas como mozos se vexan implicados na loita feminista.

Descarga o caderno de formación O feminismo a través da historia

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario