O futuro gáñase loitando. 29-M, folga xeral!

 fx-2012.jpg
Desde a nosa organización levamos tempo dicindo que é momento, agora mais que nunca, de organizarse e de loitar. Así o fixemos en setembro de 2010 e en xaneiro de 2011, chamando a secundar as folgas xerais convocadas no noso país. Esas son as única ferramentas que ten a nosa clase para deter os sucesivos ataques aos que nos vemos sometidos nos últimos anos coa excusa da crise económica. O último deles, unha nova reforma laboral aprobada por decreto polo goberno do PP e que afonda aínda máis na liña iniciada polo PSOE, liquidando dun golpe moitos dos dereitos laborais conquistados durante décadas de loita obreira. A partir de agora, o escenario no mundo do traballo será totalmente diferente, muito máis desfavorábel ainda para as traballadoras e traballadores: o despido será moito máis barato, o que fará que o “emprego fixo” sexa pouco máis que unha lembranza do pasado; atácase a negociación colectiva, polo que a capacidade de conseguir melloras laborais ou defender os dereitos colectivamente será moito menor, forzando aos traballadores/as a negociacións de empresa ou individuais que degradarán as súas condicións de traballo; as empresas, a partir de agora, poderán modificar unilateralmente a xornada, horario, categoría… ao seu antollo. Estas outras medidas letais, podes consultalas polo miúdo na análise elaborada pola CIG.

Especialmente agresiva é esta reforma con nós, coas mozas e cos mozos. A maioría das empresas poderán contratarnos (recibindo cuantiosas subvencións) con período “de proba” dun ano, o que quere dicir que nese tempo poderán despedirnos sen indemnización de nengún tipo e contratar a outra no noso lugar. Ademais, extenden até os 30 anos os contratos para formación e o aprendizaxe, con salarios míseros, podendo durar até 3 anos. Máis precariedade aínda nun panorama xuvenil en que calquer tipo de estabilidade laboral ou vital é case imposíbel.

Por todo o dito, a mocidade por forza ten que xogar un papel protagonista na resistencia contra os ataques, porque é o noso futuro o que está en xogo. Por iso, de novo apoiaremos, difundiremos e participaremos activamente na folga xeral convocada pola CIG o 29 de marzo. O dereito a unha vida digna no día de mañá, temos que consquistalo hoxe nas rúas. Como di o lema da nosa campaña para esta nova folga xeral, o futuro gáñase loitando. Os dereitos que conqueriron os nosos pais e avós con mobilización, combate e sacrificio, moitas veces até as últimas consecuencias, poñendo a propia vida en xogo, están agora en cuestión porque os grandes poderes ecnómicos e os gobernos ao seu servizo queren eliminalos dun golpe para poder aumentar a sua riqueza. Porén, se nos organizamos, podemos evitalo, podemos facer valer a forza da maioría social, primeiro freando os seus ataques e despois pasando á ofensiva contra este sistema capitalista baseado no lucro, na inxustiza e na dominación.

Paremos a reforma laboral!
No capitalismo non temos futuro! Construamos o socialismo!

>>Descarga o cartaz en pdf

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario