A Asemblea de Zona de Isca! de Vigo organiza un acto co fin de divulgar a situación que se está a vivir na parroquia viguesa de Cabral, onde un fondo de investimento pretende construir nos terreos de monte comunal unha grande superficie comercial. Este proxecto acabará con unha importante parte do monte do concello de Vigo, co fin de favorecer exclusivamente o grande capital multinacional en detrimento do pequeno comercio da cidade, fomentando un momento de consumo e de desenvolvemento cada vez máis insustentábel que creará ainda mais pobreza e precariedade nunca comarca xa moi afectada pola crise capitalista e as medidas do goberno.
Nesta charla-coloquio contaremos coa presenza de Susana Blanco e Mónica Pazo, comuneiras de Cabral afectadas polo proxecto, así como coa de Alfredo Maceira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM)
O acto terá lugar o próximo mércores 5 de xuño ás 20:00 no Local Social Faísca, na rúa Toledo nº 9, no bairro vigués do Calvario.
Participa!