O paradigma da precariedade laboral: a empresa BOSCH

A precariedade é o denominador común que define a situación laboral da mocidade galega. Un bo paradigma é a a situación da empresa de Telemarketing BOSCH, que na cidade de Vigo conta con mais de 1400 traballadoras/es, na súa inmensa maioría mozas e mozos. Destes, só 158 teñen actualmente contrato indefinido, co cal estamos a falar de que o 89% do persoal está nunha situación de temporalidade (ben con contratos por obra ou ben por ETTs) no seu posto de traballo, co que iso implica á hora de acceder a unha vivenda, planificar o futuro, etc.

O pésimo convenio do sector, asinado a nivel estatal por UGT e CCOO, recolle que o 30% das traballadoras e traballadores deben ser indefinidos, e nin iso está a cumprirse na práctica. Para colmo, a Audiencia Nacional ven de desestimar unha demanda na que se pedía que se contabilizase para calcular esta porcentaxe o persoal contratado por ETT (745 persoas só nesta multinacional alemana). En definitiva, é un ilustrativo exemplo dun panorama laboral no que os baixos salarios ou o aumento do desemprego completan umha situación pouco prometedora para a mocidade galega, mais que tamén nos dá cada vez máis e mellores razóns para organizarnos e loitar.

 (Información tirada da web da CIG.)

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario