Os principios nacionais non se negocian co imperialismo norteamericano.
Siria triunfará.
Declaración do Partido Comunista Sirio
Na mañá do 23 de setembro de 2014 iniciouse unha acción militar da man do imperialismo norteamericano e os seus aliados no territorio da República Árabe Siria, nun incumplimento flagrante do dereito internacional que impide a violación da soberanía nacional dos estados independentes. Estes actos hostís fanse baixo o pretexto da loita contra organizacións terroristas. Organizacións que foron fabricadas polos círculos de intelixencia imperialistas, nomeadamente británicos e estadounidenses, coa participación activa dos círculos sionistas co fin de crear un pretexto para a intervención imperialista, a agresión e a destrución dos países da rexión, principalmente Siria debido a súa posición contraria á hexemonía imperialista e sionista. Un sacrificio moi grande para o noso pobo.
A experiencia do noso pobo e dos pobos do mundo confirman que non se pode confiar no imperialismo norteamericano, líder do terrorismo mundial. Estados Unidos é o principal inimigo do noso pobo e dos movementos de liberación nacional, así como da liberdade de todos os pobos do mundo.
O Partido Comunista Sirio chama aos patriotas sirios á defensa da nación e a preservación da soberanía nacional, a ter en conta as conspiracións imperialistas e os seus trucos, que non teñen outro obxectivo que a escravitude do noso pobo. Facemos un chamamento tamén ao mundo libre a mostrar a solidariedade co pobo sirio ante a agresión imperialista que enfronta o noso país. Sexan cales sexan as escusas do imperialismo estadounidense, incluída a loita contra o terrorismo, non poden representar unha violación da soberanía nacional.
A nosa xente está loitando valentemente contra o terrorismo, levando a cabo progresos significativos na loita. O exército sirio, co apoio popular, está a derrotar aos terroristas o que empurra ao imperialismo a dar pasos agresivos contra Siria.
O pobo sirio demostrará, como xa se ten demostrado a través da nosa historia, a valentía de resistir calquera agresión contra a independencia a e a dignidade nacional. A vitoria é nosa.
A resistencia non é só un deber. A patria primeiro e por enriba de toda consideración.
Siria non se axenlloará!
Damasco 24/09/2014
Buró Político do Partido Comunista de Siria