O PP non nos deixa xogar. Queremos seleccións oficiais!

colante450.jpg

Coa volta do Partido Popular á Xunta de Galiza vimos sufrindo unha serie de recortes nos dereitos do noso pobo e da nosa clase, que se manifestan agora na eliminación dos encontros que as nosas seleccións deportivas nacionais mantiveron nos últimos anos, alegando como motivo a crise económica que estamos a viver, ocultando deste xeito o verdadeiro interese que os move, a pesar da vontade de participación de xogadores e adestradores e a ilusión dos seareiros e seareiras galegas.

Os encontros deportivos nos que participan as nosas seleccións nacionais son un dos momentos nos que reivindicamos os nosos dereitos deportivos, vencellados estes aos nosos dereitos nacionais: Galiza, como nación que é, ten dereito a que as súas seleccións compitan e participen en pé de igualdade en encontros de todo tipo, nomeadamente os de carácter internacional, representando á nosa nación no ámbito deportivo.

O Partido Popular escúdase na crise, pero non se lembra desta cando ten que subvencionar outro tipo de actividades, xa que na realidade a sua actuación ven marcada por umha política antigalega de ataque á nosa identidade e unha axenda de desmantelamento dos servizos públicos. Así, a crise serve como escusa para deixar de apoiar o ciclismo galego, por exemplo, mais non existe para seguir subvencionando centros de ensino que separan o alumando por sexo, ou para recontratar servizos xa elaborados como unha páxina web para o Xacobeo, tirar mais de 200.000€ nunha enquisa fraudulenta no ensino para xustificar a sua decisión de reducir a presenza do galego deste, ou para subvencionar con mais de 50.000€ a realización dunhas xornadas contra un eixo da nosa identidade, o galego; ou renomear as escolas de ensino infantil.

Por iso, desde Isca! queremos reivindicar mais unha vez o noso direito a contar con seleccións nacionais en todos os deportes e categorias, e a sua participación en competicións oficiais e internacionais. Porque é o noso direito, seleccións nacionais galegas!

Descarga o Rebater

Apoio ás actividades de Siareir@s Galeg@s

siareiras.jpg

Desde Isca!, chamamos a participar nas iniciativas organizadas para reclamar o noso dereito a dispor de seleccións nacionais oficiais. O sábado 26 de decembroSiareir@s Galeg@s ten previstas as seguintes actividades na capital do país:

12h00 II Aberto de billarda da Autentica (campo de belvis). Parabens a LNB polo seu video http://ovaral.blogspot.com/2009/12/non-nos-roubaron-o-partido-roubaronnos.html 

 – 17h00 sairá do passeio da Alameda umha manifestaçom sob a legenda “Selecçons nacionais. Direito popular” que percorrerá as diferentes ruas da cidade de Compostela com final no campo de Santa Isabel.

 – 19h00 Jogo da Galiza.

 – 21h30, e com máxima pontualidade, concerto na Sala Capitol (prezo antecipada 8 euros):

 MACHINA

MENCERVERMELLO

HABEASCORPUS

Actividades de Galiza Nova

Ademais, Galiza Nova desenvolverá por todo o país unha campaña en defensa das nosas seleccións nacionais, con actividades en diferentes comarcas, como é o caso do partido de fútbol de salón que terá lugar en Noia o luns 28, alén de outras ainda por confirmar:

 cartaz450.jpg

O mesmo día 28, o BNG organiza un acto reivindicativo nacional que terá lugar às 12:00 na Praza do Obradoiro de Compostela.

 

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario