[Ogrobe] Encontro formativo, sen orgullo non hai democracia

orgulloOgrobeAs militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

De esta volta organizamos unha xornada de auto-formación  baixo o título “sen orgullo non hai democracia“, entendendo o papel de transformación que os movementos de disidencia sexual teñen nunha sociedade  heternormativa como a actual, brindando tamén novos marcos para a análise do xénero e a sexualidade. Desde Isca! cremos na necesidade de partillar preguntas e experiencias e dar pé á reflexión e ao debate polo que vos convidamos a asistir a estas xornadas sobre que terán lugar en Ogrobe, no local do BNG (Avenida de Portugal nº 17) o 17 de abril ás 18:00 horas, onde trataremos:

  • Revolucion de Stonewall: un antes e un despois.
  • Transfobia na sociedade e nos medios de comunicacion.

Non faltes!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario