Desde Isca! mostramos a nosa ledicia pola saída da prisión de Arnaldo Otegi, secuestrado polo Estado Español durante 2330 días polas súas ideas. Otegi atópabase nunha prisión española lonxe dos seus familiares e amigos. Así están tamén preto de 400 presas vascas relacionados con este conflito. Dispersadas en prisións afastadas ao País Vasco, frecuentemente incomunicadas, esta realidade provoca, ademais, un castigo engadido ás súas familiares, abocadas a percorrer longas distancias para poder visitalos.
Otegi foi o dirixente máis destacado entre aqueles que propiciaron nas forzas independentistas o debate sobre a necesidade de apostar pola palabra para resolver todo conflito. A súa aposta por vías exclusivamente pacíficas e democráticas foi respondida co seu arresto, en outubro de 2009, e coa súa posterior condena a máis de seis anos e medio de prisión por pertencer á organización política Batasuna, ilegalizada previamente polo Goberno español.
Ongi etorri, Arnaldo!
Euskal Preso eta iheslariak. ETXERA!