A nosa organización saiu á rúa coa CIG neste primeiro de maio, nas diferentes manifestacións que por todo o país conmemoraron esta data reclamando medidas favorábeis á clase traballadora para sair da crise e un cambio no modelo socieconómico. Isca! distribuiu centos de colantes da súa campaña caña a Feijoo! , así como a súa folla axitativa Rebater, que chega xa ao seu número 20.
A seguir, reproducimos o texto do Rebater que distribuímos nas mobilizacións da CIG:
para non pagar a súa crise:
organizar a mocidade, resistir contra o capital!
Unha nova crise do capital, mesmas receitas de sempre: que a pague a clase traballadora. Crecidas na súa hexemonía, as clases dominantes queren intensificar obcenamente a nosa explotación. Non se nos escapa que afectará especialmente á mocidade.
Os resultados deste sistema económico na (ou contra) a mocidade galega están á vista: a taxa xuvenil estará neste primeiro trimestre de 2010 ben por riba do 23%, máis de 60.000 mozas e mozos padecen un contrato temporal de menos dun ano de duración, e os salarios medios non chegan aos 900 euros entre mozas e mozos de 18 a 24 anos (e aínda inferiores no caso das mulleres). Loxicamente, só un de cada catro mozas e mozos da Galiza está emancipado.
Non obstante, insisten en máis do mesmo. Lembramos que a patronal española chegou a pedir hai un ano unha “paréntese” no libre mercado. Parece que hoxe xa non se conforma con isto; afirman publicamente que “isto arranxáse entre todos”, mais gardan para eles os seus multimillonarios beneficios (as 35 maiores empresas do IBEX gañan cada ano máis de 40.000 millóns de euros) que non deixan de medrar, e reservan para a clase traballadora os custos sociais do seu sistema irracional e depredador, mesmo aspirando a máis privatizacións.

Vémolo xa nas propostas de conxelacións salarial -que porán aínda máis difícil a emancipación-, ou nas de abaratamento do despedimento, que queren aumentar a contratación temporal, xa bochornosamente alta. Un dos últimos exemplos é a extensión ata os 24 anos dos contratos formativos, non utilizados para formar na actividade profesional, senón para aumentar beneficios a custa de mozas e mozos no seu primeiro emprego. Mais tamén o comprobamos en realidades tanxíbeis, como a facilidade que teñen as empresas para despedir a mozas e mozos, xa que na maior parte dos casos temos contratos eventuais ou con despedimentos baratos.
De Isca! pensamos que ante un mundo ao revés, o noso deber é darlle á volta: analizar as medidas adoptadas ou defendidas por PP, PSOE e os derrotados e derrotistas sindicatos españois, e pular desde xa polas contrarias: impostos sobre as grandes fortunas e reforma global da fiscalidade en perxuízo das maiores rendas; utilizar estes ingresos para aumentar o gasto público e reforzar a sanidade, a educación e os servizos sociais, melloras na protección por desemprego e garantías ante os despedimentos, e un Salario de Inserción Laboral para a mocidade traballadora.
Nun contexto como este é especialmente importante sair á rúa no 1º de Maio, para impedir que a patronal e os gobernos ao seu servizo consigan o seu obxectivo de facer pagar aos traballadores e traballadores unha crise que lles fai reducir os seus beneficios. Mais aínda é máis importante continuar a mobilizarnos e acumular forzas por un cambio radical deste sistema, reforzando organica e ideoloxicamente a clase obrerira galega, as organizacións dos traballadores e unha alternativa política cara a soberanía e o socialismo.