Durante a próxima semana terán lugar as Xornadas dos Comités do campus norte da USC “O mundo na encrucillada: os desafíos do século XXI”, un curso formativo sobre economía, xornalismo, lingua e movementos sociais.
Celebraranse entre os días 19 e 25 de abril e constarán de dúas partes. A primeira, composta por diferentes conferencias, mesas redondas e debates, terá lugar nas facultades de Económicas, Filoloxía e Ciencias da Comunicación entre o luns 19 e o xoves 22. Para esta parte está solicitado UN CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN e a inscrición será completamente de balde. A segunda parte consiste nunha viaxe ao concello de Lobios na que se combinarán diferentes actividades formativas e recreativas. Tamén está solicitado OUTRO CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN, e o seu custe será tan só de 30€ para sufragar parte dos custes. A viaxe, o aloxamento, o almorzos e máis os xantares están incluídos no prezo.
LUNS 19 DE ABRIL: Facultade de CC Económicas e empresariais (Aula B)
12:00 – 14:00
Outra forma de entender o mercado galego; o caso de “R”
- Entrevista en directo a directivos da empresa de telecomunicacións R
16:00 – 17:00
Conferencia: Déficit e cambio de paradigma enerxético
- Xoán Ramón Doldán García, ex director do INEGA
17:00 – 19:00
Charla – Coloquio: Ten futuro o rural no século XXI ?
- Edelmiro López Iglesias, ex director de Desenvolvemento Rural e profesor titular da USC
- Luis Villares Naveira, xuíz de primeira instancia único na Fonsagrada e coordinador de Xuíces Pola Democracia en Galiza
- Carmen Freire, secretaria xeral do Sindicato Labrego galego
19:00 – 21:00
Mesa redonda – coloquio: Crises; e solucións ?
- Xosé Manuel Beiras Torrado, profesor emérito da USC
- Xavier Vence Deza, catedrático de Economía Aplicada da USC
- María do Carme García Negro, catedrática de Economía Aplicada da USC
Textos para traballo: “Anatomía dun eurodesastre” Paul Krugman
MARTES 20 DE ABRIL: Facultade de CC da Comunicación (Auditorio)
10:30 – 12:00
Conferencia: Propiedade intelectual e coñecemento libre
- Pedro Silva, creador de Blogaliza
- Francisco Alvarellos da Casa de Música
- Miguel Mosqueira de Ataque Escampe
12:00 – 14:00
Conferencia: Axencia Audiovisual Galega: cando Galiza estivo á vangarda da creación audiovisual
- Manolo González, antigo director da Axencia Galega Audiovisual
16:30 – 18:00
Conferencia: Linguas minoritarias na era da globalización. Creación, desenvolvemento e futuro do caso de Egunkaria
- Martxelo Otamendi, ex director de Egunkaria e actual director de Berria
Textos para o traballo: “O sumario de oito anos demostrou que non se debía clausurar Egunkaria” Imanol Murua Uria (1 hora e 30minutos)
18:00 – 19:45
Conferencia: Crise e precariedade na comunicación
- Xurxo Salgado, secretario xeral do Sindicato de Xornalistas de Galiza (SXG)
- Xosé Manuel Pereiro, presidente do Colexio de Xornalistas de Galiza
19:45 – 21:30 Proxección do documental “La revolución no será transmitida”
MÉRCORES 21 DE ABRIL: Facultade de Filoloxía (Salón de graos)
10:00 – 12:00
Conferencia: Construcción das literaturas nacionais
- Victor Obmgá, escritor africano en lingua galega
- Mª Pilar García Negro, política, escritora, sociolingüista e filóloga galega.
12:00 – 14:00
Conferencia: Como se forxou a identidade galega a través da lingua e a literatura
- Francisco Rodríguez, doutor en filoloxía románica pola USC
- Dolores Vilavedra, profesora de literatura galega da USC
16:30 – 18:30
Charla-coloquio: Linguas minorizadas a debate
- Henrique Monteagudo, sociolingüista e secretario do Consello daCultura Galega
- Sechu Sende, sociolingüista e escritor
- Francisco Fernández Rei, catedrático de filoloxía románica da USC
18:30 – 20:30
A lingua alén das fronteiras
- Proxección do documental “Fronteiras”
- Palestra a cargo de Carlos Varela, académico da RAG e presidente da asociación eo – naviega “Abertal”
Escolma de textos de literatura, sociolingüística e identidade nacional para traballar.
XOVES 22 DE ABRIL: Facultade de CC Económicas e Empresariais (Aula B)
12:00 – 14:00
Charla – coloquio: Teitos de cristal
- Rosa Cobo, representante do movemento feminista
- Rubem Centeno Paradela, representante do movemento LGTB
16:00 – 18:00
Conferencia: O movemento obreiro en Galiza
- Manuel Mera, ex-responsábel de formación da CIG
18:00 – 20:00
Conferencia: Movementos sociais, altermundismo e dereitos colectivos
- Xabier Macias, director da Fundación Galiza Sempre
- Manuel Santos, da publicación Altermundo
20:00 – 21:00
Mesa redonda: Movemento estudantil; historia e perspectivas
- Duarte Romero dos Comités
- Iago Barros de AGIR
- Azucena Rodríguez Amoroso de IESGA
————–SEGUNDA PARTE DAS XORNADAS——————-
VENRES 23 DE ABRIL
16.00
Saída cara o Concello de Lobios
18:30-20:30
Charla-coloquio: As problemáticas sociais do rural galego
- David Simo Traballador Social
21:30-23:30
Documental sobre a “Revolución dos cravos”
- Coloquio entre os asistentes sobre cales foron as consecuencias para Galiza dos cambios democráticos conseguiodos no Portugal postfascista.
23:30-2:00
- Contos e lendas populares da Raia Seca. (2 horas e 30 minutos)
SÁBADO 24 DE ABRIL
9:30-19:30
Roteiro polo Xurés-Jeres con ponencias sobre “Xeoloxía, Ecoloxía, Sustentabilidade, Parques aturais, Xestión da paisaxe”
- Un biólogo, un xeólogo e un inxeneiro forestal da asociación ecoloxista ADEGA
19:30-20:30
Visita guiada polo povo portugues de “Pitoes”
21:30-23:30
A separación do Reino de Galiza e as súas consecuencias políticas. Do nacemento de Portugal a incorporación da parte norte ao Reino de Castela
- Ana Bande, lingüísta
23:30-1:30
Desafíos de futuro e relacións humano económicas entre Galiza e Portugal
- J.A. Gonzalez López Economista
DOMINGO 25 DE ABRIL
10.00-18:30
Visita guiada polo Concello Portugués de Montealgre
18:30
Volta para Compostela
Texto de traballo sobre a experiencia histórica do Couto mixto; cap. 1 de “Couto Mixto “La República”” , de Lage Antúnez