“Os transxénicos non evitan a fame”

Loitadora desde os anos ’70 pola soberanía alimentaria, os dereitos das e dos campesiños e das mulleres, esta activista ecofeminista falou con DIAGONAL na sua recente visita sobre transxénicos, fame e globalización.

DIAGONAL: Como afectou o cultivo de jatrofa (pequeno arbusto oleaxinoso para agrocombustíbeis) na crise alimentaria?

VANDANA SHIVA: Na India din que a jatrofa só se promove en zonas tan áridas que non podería plantarse outra cousa, así que supostamente non ameaza a seguridade alimentaria. Mais iso non é certo. Desde Navdanya temos elaborado un estudo que analisa os grandes cultivos de jatrofa nos estados de Maharashtra, Rajastán, Chhattisgarh, que amosan que estes cultivos están desencadeando unha crise alimentaria na zona, alén dun problema de acceso á terra. No estado de Rajastán están modificando as leis para convertir terras comunais, tradicionalmente de pastoreo, en cultivos de jatrofa. Fixemos un estudo que amosa que a toxicidade desta planta exténdese polo aire. O obxectivo na India é plantar 11 millóns de hectáreas dunha planta tóxica, o que significa que estás deixando esa terra desertizada. Ademais, a jatrofa representa un risco para as crianzas, que collen frutos e os comen… algunas póñense enfermas ou morren. É un sistema absurdo, temos máis de 200 tipos de árbores e arbustos oleaxinosos que poderían promover enerxía localmente sen pór en perigo a seguridade alimentaria.

D: As industrias da biotecnoloxía afirman que os transxénicos axudaron a aumentar a productividade de países como China ou a India, mitigando os efectos da crise alimentaria.

V.S: O único cultivo modificado xeneticamente que temos na India é o algodón BT. A xente non come o algodón: úsao para vestirse. É moi característico da industria da biotecnoloxía facer asociacións absurdas e chamalo ciencia. Outra manipulación son as cifras das exportacións. En realidade India está exportando a costa da súa industria local, porque o 80% do algodón vai a China, onde fan roupa barata para a India, para España, para vender aquí e alá. Mentres, os nosos campesiños suicídanse polo prezo das sementes de algodón modificadas xeneticamente. O algodón BT non só non aumenta a productividade senon que ademais é moito máis caro. As sementes tradicionais de algodón custaban sete rupias por kilo, mentres que o algodón BT custa 17.000 rupias. Ademais suponse que estas sementes están modificadas para controlar plagas, mais o certo é que crean outras novas, o que conleva un incremento do 30% no uso dos pesticidas. E estes son datos recollidos no campo, baseados nas e nos campesiños, non nos informes que os altos executivos de Monsanto ollan desde o seu despacho en Londres ou Bonn. As exportacións de algodón na India caeron un 50%: e todas as grandes multinacionais da agroindustria terán perdido tamén un 50%? Non. Porque o comercio e a producción xa non están vencelladas, por iso hai unha crise alimentaria. Foron estas multinacionais as que nos levaron á crise alimentaria, as que teñen especulado, as que non deixaron que a comida fora accesíbel para as persoas. O cultivo de algodón BT estase extendendo tanto porque Monsanto asegúrase de que non exista outro tipo de semente, destrúese calquera suministro alternativo. Presionan ás institucións e gobernos para que deixen de cultivar, de conservar, así que non existe ningún banco público de sementes. Ademais, engañan aos campesiños para que non troquen sementes. Ofrécenlles unha variedade nova con promesas de alto rendimento e diñeiro e o campesiño acepta, mais non se decata de que Monsanto ten feito o mesmo en cada pobo, en cada Estado, até que de súpeto hai grandes areas que dependen do algodón BT de Monsanto. Realmente, non é algo que estea baseado na escolla dos campesiños, senón en destruir a sua capacidade de escoller. Na India, nos lugares onde se cultiva o algodón BT é onde o índice de suicidios é máis alto. Máis de 200.000 campesiños teñense suicidado nos últimos 10 anos.

D: As mulleres, a pesares de seren as guardianas da biodiversidade, son as que máis sufren as consecuencias dos cultivos transxénicos.

V.S: Desde que as sementes están en mans das mulleres, convírtense nas suas guardianas e non hai mortes, nen suicidios. A globaliación ameaza as mulleres con cargas moi sangrantes. A primeira é o asunto dos suicidios dos homes. Mentres as mulleres fican no campo, os homes visitan as ciudades e atópanse aos axentes da compañía de sementes que lles din: “usa esta semente miragrosa que che vai facer rico”. Nestas sementes non hai ningunha etiqueta que che diga que iso é enseñaría xenética, así que tras dous anos cultivándoas o campesiño ten contraído unha débeda tan grande que vai perder a súa terra. E é xusto ese dia cando bebe o pesticida. Entón alguén atopa o corpo e lle di á muller: “O teu marido está tirado no chan xunto a unha botella de pesticida”. E nese momento os axentes das empresas de sementes, os novos prestamistas, comezan a visitar a casa para cobrar a débeda. As cargas máis terríbeis da globalización recaen sobre as mulleres que, ademais, nunca teñen participado na toma de decisións.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario