Os xoguetes non teñen xénero!

xoguete40No nadal o capitalismo e o patriarcado aliméntanse mutuamente patrocinando un modelo de consumo desmedido en forma de agasallos que reproducen as irreais diferencias do xénero. Esta espiral ten entre as vítimas principais ás máis cativas.

O bombardeo publicitario con xoguetes é constante nos dous meses anteriores á chegada do Apalpador (ou doutras personaxes que nestas datas nos agasallan), creando cada ano nova necesidades ficticias que repercuten nun consumo desmesurado. Esta publicidade non é unha publicidade neutra dirixida a toda a poboación infantil, se non que se enfoca de diferente xeito segundo se pretenda o éxito do xoguete en cuestión entre os nenos ou as nenas.

É habitual que nas grandes superficies os xoguetes estean ordenados en corredores segundo o xénero da usuaria xoguete34á que se destina, o mesmo que as páxinas da maior parte dos impresos publicitarios das xogueterías ou dos anuncios da televisión. O rosa omnipresente nos xoguetes das nenas, o azul nos dos nenos, dende os xoguetes para bebés. Esta división de corredores e de páxinas é o reflexo dunha sociedade que espera das súas nenas que sexan coidadoras, que fagan as tarefas do fogar, que se peiteen ou maquillen para estar guapas, e que teñan como soño das súa vidas chegar a princesas por casar cun príncipe. Para os nenos resérvanse os xogos nos que a forza, a agresividade, a competición ou o liderazgo sexan protagonistas, así como os vehículos e os deportes (vetados sempre ás pequenas).

Na pasada fin de semana lamentamos dous feminicidios na nosa terra mais, aínda debemos de sorprendernos cando seguimos a inculcar estes roles ás mais pequenas? Os xoguetes son ferramentas educativas para que as cativas desenrolen a súa personalidade e creatividade, mais estes xoguetes sexistas son un xeito máis de perpetuar o patriarcado. É por iso que desde Isca! denunciamos esta situación, porque se entendemos o xénero como un construto histórico, os xoguetes son un instrumento máis para soster esta construción xa que seguen a reproducir estereotipos patriarcais.

.

>> Galería de imaxes

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario