[Ourense] Encontro formativo, liberación sexual, nacional e social

Diapositiva1As militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Desta volta organizamos unha xornada de auto-formación baixo o título “a liberación sexual integrada na liberación nacional e social“, isto é, a cuestión da sexodiversidade desde unha óptica de clase e como independentistas galegas. Cremos na necesidade de partillar preguntas e experiencias e dar pé á reflexión e ao debate polo que vos convidamos a asistir a esta xornada que terá lugar en Ourense, no local do BNG (rúa das Burgas, nº2) o xoves 18 de agosto ás 20:30 horas

Non faltes!

.

>> Consulta o caderno de formación no que se baseará no encontro.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario