[Ourense] Videoforum-coloquio, o socialismo feminista en Cuba

cubaourenseDesde Isca! non queríamos deixar pasar o 58 aniversario da revolución cubana sen divulgar, aprender e debatir en torno ao rol histórico da Federación de Mulleres Cubanas (FMC) e do Centro Nacional de Educación Sexual (CENESEX). Neste videoforum-coloquio abordaremos os avances en materia de igualdade que se derivaron do xermolo feminista de Serra Maestra: o pelotón Mariana Grajales. Vangarda antipatriarcal que xurde en 1958 da man de comunistas bravas como Vilma Espín, Melba Hernández, Celia Sánchez, Haydée Santamaría e tantas outras.

Neste 2017 cúmprense 57 anos da constitución da FMC e 55 anos da creación do CENESEX. Por esta razón debatiremos en torno á realidade feminista en Cuba grazas a unha seleccións de material audiovisual extraído de Telesur, CubaInformación e CubaTV. Achegarémonos de primeira man ás reflexións de Teresa Amarelle, Eugenia Palomares, Isabel Moya e como non, Mariela Castro.

Estades todas invitadas a este videoforum-coloquio que pretende ser, ante todo, unha homenaxe aos avances en materia de feminismo que viviu e vive a revolución cubana. Terá lugar o vindeiro 26 de xaneiro a partir das 19:30 horas na aula 7 (baixo) do Edificio do Ferro en Ourense.

Non faltes!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario