[Ourense] Xornada de debate, o movemento xuvenil

mocidadeDebateOuCon motivo do 10º aniversario da fundación de Isca! en Ourense organiza o vindeiro sábado 28 de maio unha xornada de debate sobre o movemento xuvenil na cidade das Burgas. Os coloquios terán lugar no Local Social A Galleira (Praza de San Cosme) a partir das 18:00 horas co seguinte programa:

18:30 horas – 10 anos de movemento xuvenil en Ourense (2006-2016). Contaremos co testemuño de persoas que no ano 2006 e/ou seguintes participaron nas organizacións xuvenís Adiante, AMI, Galiza Nova e Isca!

20:00 horas – O movemento xuvenil galego na actualidade: Analizaramos xunto coas compañeiras das organizacións Galiza Nova e Terra a situación actual do movemento xuvenil galego e as perspectivas de futuro.

21:30 horas – Festa-convivio con música, petiscos e bebidas a prezos populares.

Achégate!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario