[Outubro centenario] Os dereitos sociais na URSS (III): os dereitos das mulleres

Na URSS o obxectivo da igualdade puido verse algo máis próximo, pois foi un estado punteiro na consecución de dereitos para as mulleres. Nomeadamente no ámbito laboral e gobernamental, podendo acceder aos mesmos traballos e postos que viñan ocupando os homes.

Por exemplo, en 1920 polo menos 600 mulleres eran alcaldesas das súas cidades e vilas. Nese mesmo ano a Unión Soviética legalizou o dereito ao aborto, o primeiro estado do mundo el facelo; se ben este dereito foi suprimido e non contemplado de novo até 1955, de xeito paulatino. O sufraxio feminino foi aceptado no ano 1917, moito antes que outros países da contorna occidental.

En materia de reprodución e conciliación, as mulleres podían desocupar os seus postos de traballo durante o embarazo e gozar dun ano de baixa por maternidade mantendo o salario. A emancipación no eido laboral e no fogar transformaríase nunha “revolución sexual”, con teóricas feministas como Aleksandra Kollontái como principais promotoras, afirmando que o novo mundo debe pasar necesariamente pola revolución da vida cotiá e por mudar a relación entre os sexos.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario