[Outubro centenario] Os dereitos sociais na URSS (IV): os dereitos da clase traballadora

Moitos dos dereitos que hoxe en día ten a clase traballadora foron gañados en tempos da URSS. O socialismo recoñece o dereito a unha xornada laboral de 7 horas, puidendo acollerse a redución de 6 horas ou até 4 horas para os traballos máis duros e difíciles.

Recoñece tamén o dereito a vacacións pagadas e a existencia dunha ampla rede pública de infraestruturas de descanso e relax. Estabelécese o dereito a unha pensión. A xubilación establécese aos 60 anos, puidendo rebaixarse até os 50 nos traballos máis duros. Para recibir a pensión completa era preciso ter cotizados 20 anos.

A URSS tivo a primeira seguridade social da historia. Recoñécese tamén a asistencia médica gratuíta aos traballadores, así como a baixa por enfermidade cobrando o 100% do salario.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario