Paremos a implantación do EEES (Rebater)

O Proceso de Boloña, cuxo fin é a conformación dun Espazo Europeo de Ensino Superior, procura a homologación das titulacións universitarias europeas, para o que as estrutura nun sistema de dous niveis, os graos e os posgraos.

GRAOS. Van encamiñados á adquisición de coñecementos básicos de cada disciplina, ocupando o lugar das anteriores diplomaturas e dos ciclos das licenciaturas.

POSGRAOS. Consisten na suposta especialización a partir dos coñecementos xa adquiridos nos graos. Sustitúen os segundos ciclos e mesmo aos máster privados. A necesidade real de cursar estes posgraos para aceder ao mercado de traballo contrasta cos altos prezos dos mesmos e impedirá a moitos estudantes poder cursalos e, por lo tanto, disminuirán

Un dos fundamentos do Proceso de Boloña é o suposto aumento da mobilidade estudantil e profisional, pero a realidade amosa que o mantemento do actual sistema de bolsas públicas non permitirá acadar estes obxectivos e a meirande parte do estudantado non sairá beneficiado de tal mobilidade.

De onde vén?

Será no 1994 cando o GATS (Acordo Xeral para o Comercio dos Servizos) comece a carreira mundial cara a privatización de servizos públicos, entre eles a educación. Este acordó emana dunha institución dubidosamente democrática e cun funcionamento escuro, a OMC (Organización Mundial do Comercio).

Xa no contexto europeo, será a Mesa Redonda dos Empresarios europeos quen, en 1995, comezará a “empurrar” pola aceleración da reforma universitaria.

Finalmente, as declaracións políticas da Sorbona e de Boloña supoñen o comezo da reforma educativa, primeiro en clave propositiva, para axiña ter repercusións reais.

Que consecuencias terá?

O modelo de ensino implantado con esta reforma impulsará a competitividade entre estudantes, quen no plano puramente académico, alén das materias obrigatorias terán unha carga lectiva que no mellor dos casos equipararase ás propias dunha xornada laboral. Este aumento dos horarios reducirá o número de universitarios, pola imposibilidade de compatibilizar traballo e estudos.

A implantación da reforma a custo cero (e por tanto a non adxudicación de máis bolsas), unida á suba das taxas, suporá unha nova limitación de entrada na Universidade.

As intencións últimas do Proceso de Boloña poden ser xa amosadas con exemplos reais, como o caso da Faculdade de Ciencias Políticas, na que foi elaborado un novo plano de estudos que, alén de ser irregular, pretende baleirar de contidos a carreira.

Ante a inminencia da reforma (cuxos efectos xa comezan a sentirse) non podemos máis que chamar á autoorganización do estudantado para que todos nos impliquemos na loita contra este Proceso que quer obrigarnos a vivir un ensino cada vez menos público, menos galego e de peor calidade.

Decarga aquí o rebater sobre o Plano de Boloña

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario