Perante o asasinato dun cidadán galego en Madrid

Desde a organización xuvenil Isca! condenamos o brutal asasinato dun seareiro deportivista no día de onte en Madrid a mans de adeptos do Atlético de Madrid vinculados co grupo neonazi Frente Atlético, e transmitimos as máis sentidas condolencias á familia, achegados e, en xeral, a todo o deportivismo.

Na mañá de onte máis dun centro de persoas fortemente armadas, vinculados co grupo neonazi Frente Atlético, atacaron e feriron de diversa consideración a un grupo de deportivistas que se atopaban no distrito de Madrid Rio. Especialmente brutal foi a agresión a Jimmy, golpeado por varias persoas e posteriormente guindado ao rio Manzanares, sendo rescatado xa en parada cardio-respiratoria. Desgraciadamente faleceu horas despois no hospital.

A prensa do capital non dubidou en intoxicar desde o primeiro momento, equiparando agresores e agredidos, fascistas e antifascistas. Ocultando de xeito deliberado a ideoloxía política do Frente Atlético, presentounos á vitima como un violento, díxonos que a súa vida non tiña valor ou mesmo que o merecía. Mostrounos extensos reportaxes sobre os seareiros deportivistas, sobre as bandeiras que portan no estadio (estreleiras) ou sobre a súa historia mais case nada dixo dos moi diversos episodios de violencia política que se dan nas rúas de Madrid contra militantes antifascistas e que teñen a súa orixe en persoas directamente vinculadas ao Atlético de Madrid, e para mostra os seus referentes: os asasinos de Aitor Zabaleta ou Carlos Palomino. Curiosa actuación tamén da Policía española, cuxa efectividade para a represión contra os movemento independentistas ou de contestación social (como vimos hai uns días nun despexo en Elviña, na Coruña) non pareceu tanta para evitar o asasinato.

Alén das consideracións que podamos facer sobre o mundo do fútbol, sobre a masculinización e a violencia que se da no seu entorno ou sobre a apropiación que o capital fixo del, é momento de denunciar as razóns netamente políticas deste crime, a ocultación e protección que os medios do capital e as institucións vinculadas ao fútbol (Liga e Federación) están a facer dos grupos da extrema dereita como o Frente Atlético e reivindicar máis que nunca a necesidade dunha sociedade sen fascismo, nin nas rúas nin nas bancadas.

DEP Jimmy. Que a terra che sexa leve.

Non pasarán!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario